Feitos:
Primeiro. O día 17 de febreiro de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do Acordo do 23 de xaneiro de 2026, da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) de Galicia, para a actualización dos salarios do ano 2026.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo, e establece que a autoridade laboral competente procederá a ditar resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.
Revisada a documentación achegada, e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do Acordo do 23 de xaneiro de 2026, da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) de Galicia, para a actualización dos salarios do ano 2026.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) de Galicia
As 11.00 horas do día 23 de xaneiro de 2026, nos locais da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa), en Santiago de Compostela, reúnense as persoas a continuación relacionadas na súa condición de membros da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Finsa-Galicia.
Por parte da representación social:
1. Jesús María Fernández Rodríguez
2. Víctor Rubianes César
3. Iván García Mayo
4. Alfonso Pedride Pérez
5. Jesús Vázquez García
6. Rubén Cao Rodríguez
7. Andrea Tacón Rodríguez
8. Julio Iglesias Cibreiro (xustifica a súa ausencia)
En representación da empresa:
1. Mª Luz Cachafeiro García
2. Pilar Rodríguez Castillo
3. Eva Leis Rolón (xustifica a súa ausencia)
4. Ana Isabel da Costa Figueiredo
5. Modesto Vázquez Vilares
6. Rubén Campos López
7. Carlos Amboage López
8. Ramón Vázquez Lista
A Comisión Paritaria do Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. para as fábricas de taboleiro de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90 do Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. para as fábricas de taboleiro de Galicia (DOG do 8 de setembro de 2025), procede de común acordo á adopción dos acordos seguintes:
Primeiro. Regularización do incremento salarial aplicado no ano 2025.
1. Na acta da Comisión Paritaria do 20 de xaneiro de 2025, acordouse un incremento salarial provisional no ano 2025 do 1,61 %, tendo en conta o IPC interanual en decembro 2025 previsto por Funcas do 1,9 %, e considerando así mesmo un indice de produtividade (I.P.) no exercicio anterior do 2,12 –do cal resultaba un incremento adicional ao IPC do 0,41 % –e unha vez feita a dedución dun 0,7 % da regularización co IPC definitivo do ano 2024, que se tomou á conta do incremento aplicable no ano 2025.
|
IPC previsto 2025 (Funcas) |
1,90 % |
|
Adicional consolidable (IP 2,12) |
0,41% |
|
Á conta pola diferenza IPC 2024 |
- 0,70 % |
|
Incremento provisional |
1,61 % |
2. Unha vez se ten confirmado polo INE o dato definitivo de inflación anual do ano 2025 no 2,9 %, e establecido o dato definitivo de IP (índice de produtividade) no exercicio do ano 2024 no valor dun 2,13, procede aplicar unha regularización de conceptos económicos do 1,03 % –corresponde un 1 % á desviación sobre o IPC interanual previsto e un 0,03 % á diferenza de porcentaxe no incremento adicional (para un IP definitivo de 2,13)–que será obxecto de aplicación sobre os conceptos económicos de convenio, e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, xerando os correspondentes atrasos nos termos a que se fai referencia nos acordos seguintes.
Incrementos finais e regularización ano 2025
|
IPC anual definitivo 2025 |
2,90 % |
|
Adicional consolidable (IP 2,13) |
0,44 % |
|
Á conta pola diferenza IPC 2024 |
- 0,70 % |
|
Incremento provisional 2025 |
- 1,61 % |
|
Regularización 2025 |
- 1,03 % |
3. De igual xeito, aboaranse as diferenzas xeradas no importe da retribución variable non consolidable regulada no artigo 90.1.c) do convenio, aboada no mes de setembro do ano anterior, como consecuencia da regularización económica, ao resultar incrementadas as bases de cálculo da retribución variable.
4. Polo tanto, e una vez rematado o ano 2025, resultou un incremento económico consolidado dos soldos e salarios do IPC + 0,44 % e unha retribución variable non consolidable do 1,65 % sobre os conceptos fixos anuais de convenio de cada unha das persoas traballadoras, que se aplicou do xeito reflectido nos números anteriores.
Segundo. Incremento salarial provisional do ano 2026.
En virtude do previsto no artigo 90, punto 2, do convenio vixente («Incremento provisional aplicable en cada anualidade»), as partes acordan a aplicación, no mes de xaneiro de 2026 dun incremento económico provisional, antes da aprobación definitiva das contas anuais, nos termos seguintes:
1. Datos estimados dos indicadores do modelo retributivo:
Atendendo ao feito de que as contas anuais consolidadas do exercicio 2025 están pendentes de ser formuladas de forma definitiva e sometidas ao preceptivo informe de auditoría, calcúlase que o indice de produtividade (IP) do ano 2025 se situará no tramo do 1,98 -2,03, tomando como valor de referencia o 2,02.
De igual modo, o índice de prezos de consumo (IPC) interanual en decembro do ano 2026 calcúlase que estará no 2,3 % segundo, a previsión publicada, polo Centro de Estudos Económicos de Funcas o día 15 de xaneiro de 2026, tomando o escenario central das súas previsións.
2. Incremento provisional 2026:
Cos valores estimados dos anteriores indicadores, e en aplicación da táboa do modelo salarial –anexo IX do Convenio da Empresa– o incremento provisional consolidable para o ano 2026 será dun 2,47 %.
|
IPC previsto 2026 (Funcas) |
2,30 % |
|
Adicional consolidable (IP 2,02) |
0,17 % |
|
Incremento provisional |
- 2,47 % |
Deste xeito, ambas as partes acordan a aplicación, no mes de xaneiro de 2026, dun incremento económico provisional para o ano 2026 do 2,47% sobre os importes dos conceptos salariais do convenio do ano 2025, unha vez aplicada a regularización a que se fai mención no acordo primeiro, coa excepción da antigüidade e os complementos de locomoción, e aqueloutros que fosen obxecto dun acordo específico no convenio.
Terceiro. Aprobación das táboas salariais.
As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias definitivos do ano anterior, que serán de aplicación con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan a esta acta, unha vez regularizados o seus importes provisionais co incremento do 1,03 %, de conformidade con disposto no acordo primeiro.
Deste mesmo xeito, as contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias aplicables desde o 1 de xaneiro de 2026 son os recollidos nos anexos III e IV que se xuntan a esta acta, unha vez que foi aplicado o incremento do 2,47 % sobre as contías das táboas salariais definitivas en 31 de decembro de 2025, e cuxos valores foron incrementados de xeito lineal co importe do 20 % do complemenro de xornada de 2 quendas/XP (valor 2024), conforme o disposto no acordo cuarto que segue.
Os valores do complemento de locomoción, de conformidade co pactado, non sufrirán incremento e manterán as contías que se recollen no anexo VII do convenio colectivo, que manteñen as súas contías inalteradas.
O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levarase, como en anos anteriores, á achega ao Plan de xubilación, que para ano 2025 terá un importe de 65,79 euros mensuais, e para o ano 2026 terá un importe inicial de 68,56 euros mensuais.
Cuarto. Actualización e incremento dos complementos de xornada.
1. No cadro seguinte determínanse as contías finais dos complementos de xornada correspondentes ao ano 2025, unha vez regularizados os seus importes.
|
Réxime de traballo |
2025 regularizado |
|
6 quendas |
526,32 |
|
5 quendas |
526,32 |
|
4,5 quendas |
526,32 |
|
4 quendas descontinuo |
377,47 |
|
2 con 3 de luns a sábado |
315,87 |
|
3 e medio (sáb. mañá) |
259,41 |
|
2 e medio (sab. mañá) |
259,41 |
|
3 quendas |
177,29 |
|
2 quendas/xornada partida |
136,22 |
2. Neste ano 2026, o importe dos complementos de xornada mensuais será o que se recolle no cadro seguinte, unha vez aplicado o incremento económico pactado para o ano 2026, e restado o 20 % do importe do complemento de 2 quendas no seu valor 2024, de conformidade co artigo 47 (complementos de quenda e reestruturación do importe de salarios base), ao cal se sumará o importe lineal previsto no número 4, do artigo 47, do convenio para o ano 2026.
Polo tanto, o importe final dos complementos de xornada mensuais de 2026, unha vez reducidos no importe lineal de 44 euros mensuais (528 euros/12 meses) e sumado o importe lineal de 10 euros mensuais recollido no artigo 47, número 4, do convenio, serán os seguintes:
|
Réxime de traballo |
2026 inicial (2,47 %) |
Valor final 2026 (*) |
|
6 quendas |
539,32 |
505,32 |
|
5 quendas |
539,32 |
505,32 |
|
4,5 quendas |
539,32 |
505,32 |
|
4 quendas descontinuo |
386,79 |
352,79 |
|
2 con 3 de luns a sabado |
323,67 |
289,67 |
|
3 e medio (sáb. mañá) |
265,82 |
231,82 |
|
2 e medio (sab. mañá) |
265,82 |
231,82 |
|
3 quendas |
181,67 |
147,67 |
|
2 quendas/xornada partida |
139,58 |
105,58 |
(*) Detraídos 44 euros mensuais a sal. base e incremento lineal 10 euros
Para o persoal a nivel, con salario fixo anual, cuxas condicións económicas superen as establecidas nas táboas do convenio para o seu grupo ou categoría profesional, realizarase unha reestruturación dos conceptos salariais de conformidade co previsto no artigo 47.2) do convenio colectivo.
Quinto. Actualización e incremento dos conceptos económicos do convenio.
1. Regularízase o importe do complemento de continuidade de produción do ano 2025 que se establece nunha cuantía de 60,21 euros mensuais, e incrementará o seu importe a 61,70 euros a partir do 1 de xaneiro de 2026.
2. De conformidade co establecido no convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución e quedará establecida no valor de 22,78 € mensuais.
3. O importe lineal polo que se retribuirá a nocturnidade a partir do 1 de xaneiro de 2026 que será igual para todos os grupos profesionais, ascende a 20 euros/noite.
4. O importe das compensacións económicas pactadas por quenda de traballo efectivo nos días de Nadal terán os valores seguintes nos anos 2025 e 2026:
|
Ano 2025 (regularizado) |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
24 decembro |
61,60 € |
61,60 € |
215,58 € |
|
25 decembro |
184,78 € |
215,58 € |
61,60 € |
|
31 decembro |
61,60 € |
61,60 € |
215,58 € |
|
1 xaneiro |
215,58 € |
184,78 € |
61,60 € |
|
Ano 2026 |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
24 decembro |
63,12 € |
63,12 € |
220,90 € |
|
25 decembro |
189,34 € |
220,90 € |
63,12 € |
|
31 decembro |
63,12 € |
63,12 € |
220,90 € |
|
1 xaneiro |
220,90 € |
189,34 € |
63,12 € |
5. A compensación transporte para o persoal dos centros de Finsa Padrón e de Finsa Fibranor establécese na contía de 28,20 euros mensuais no ano 2025, e increméntase desde o 1 de xaneiro de 2026 a 28,90 euros mensuais.
6. O complemento de especialidade de mantemento, unha vez aplicada a regularización de 2025 e os incrementos pactados para o ano 2026, terá os seguintes importes mensuais:
|
Grupos profesionais |
2025 |
2026 |
|
G V(N2) y GIV Mantemento (antigos oficiais 2ª e of. 1ª manto.) |
397,52 € |
407,34 € |
|
Grupo V (N1) Mantemento (antigo oficial 3ª mantemento) |
265,03 € |
271,58 € |
7. O importe do complemento funcional de coxeración, concepto regulado no artigo 52 do convenio colectivo, terá un importe mensual que ascenderá a 265,03 euros mensuais no ano 2025 e de 271,58 euros mensuais a partir do 1 de xaneiro de 2026.
8. Tal e como se recolle no artigo 58 do convenio colectivo, o importe do vale comida para o sistema de xornada partida (mellora social) será de 11,5 euros a partir do 1 de xaneiro de 2026.
9. O importe da compensación por traballo en sábado en quenda completa con cargo á bolsa de horas, establécese para 2025 en 52,15 euros e o importe da compensación para o segundo sábado de traballo –nos meses de xullo e agosto a xornada completa– será de 78,22 euros.
O importe destes conceptos compensatorios incrementase o 1 de xaneiro de 2026 á contía de 53,44 euros e de 80,15 euros.
10. A compensación por redución do período de vacacións continuado a 14 días por necesidades produtivas para os sistemas de dúas quendas e media e tres quendas e media, e para o serradoiro, terá un importe de 690,79 euros no ano 2025 e desde o 1 de xaneiro de 2026 se incrementará a unha contía de 707,85 euros.
11. O importe da compensación económica por fraccionamento de vacacións estivais para os sistemas de traballo de cinco e catro quendas e media, prevista no artigo cuarto, puntos 1 e 2 do anexo IX do Acordo de convenio colectivo será de 56,47 euros/día no 2025, e incrementarase ata 57,86 euros/día no ano 2026.
Sexto. Rexistro, depósito e publicación.
Ambas as partes acordan facultar a Luz Cachafeiro García, titular do DNI 44819014, para que en representación da empresa proceda a realizar os trámites de presentación e rexistro desta acta e dos seus anexos na aplicación informática para o Rexistro de Convenios do Ministerio de Traballo e Seguridade Social (Rexcon), co fin de que pola autoridade laboral proceda á súa inscrición e publicación.
E en proba de conformidade, ratificando en todas as súas cuestións esta acta, os asistentes asinan no lugar e na data arriba indicados.
ANEXO I
Táboa salarios base ano 2025 do Convenio Finsa para as fábricas de Galicia
|
GRUPO PROFESIONAL |
DIVISIÓNS FUNCIONAIS |
SALARIO |
SALARIO |
SALARIO |
|
|
MES |
DÍA |
ANO |
|||
|
GRUPO VII |
GVII |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.499,09 |
47,71 |
20.992,42 |
|
GRUPO VI |
GVI (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.463,90 |
48,10 |
21.164,00 |
|
GVI (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.491,97 |
49,05 |
21.582,00 |
|
|
GRUPO V |
GV (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.537,62 |
50,60 |
22.264,00 |
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
|||||
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
GV (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.649,05 |
54,22 |
23.856,80 |
|
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
1.695,35 |
55,71 |
25.512,40 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO IV |
GIV |
COXERACIÓN |
1.794,21 |
59,03 |
25.973,20 |
|
MANTEMENTO (oficial especialista) |
|||||
|
MANTEMENTO (resp. equipo/supervisor) |
2.052,42 |
67,54 |
29.717,60 |
||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
1.861,26 |
61,21 |
26.932,40 |
||
|
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
1.879,24 |
61,80 |
27.192,00 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
1.898,14 |
62,41 |
27.460,40 |
||
|
GRUPO III |
GRUPO III |
PRODUCIÓN |
1.931,06 |
63,45 |
27.918,00 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO II |
GRUPO II |
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
2.067,65 |
67,98 |
29.911,20 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO I |
GRUPO I |
PERSOAL TÉCNICO |
2.494,89 |
82,05 |
36.102,00 |
|
GRUPO 0 |
GRUPO 0 |
PERSOAL DIRECTIVO |
2.583,04 |
84,91 |
37.360,40 |
ANEXO II
Táboa horas extra ano 2025 do Convenio Finsa para as fábricas de Galicia
|
GRUPO PROFESIONAL |
DIVISIÓNS FUNCIONAIS |
HORAS |
HORAS |
HORAS |
|
|
EXCESO |
EXTRA |
FEST/NOCT. |
|||
|
GRUPO VII |
GVII |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
12,26 |
17,89 |
20,46 |
|
GRUPO VI |
GVI (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
12,36 |
18,07 |
20,65 |
|
GVI (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
12,61 |
18,30 |
20,93 |
|
|
GRUPO V |
GV (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
13,00 |
19,16 |
21,91 |
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
|||||
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
GV (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
13,94 |
20,71 |
23,73 |
|
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
14,32 |
21,04 |
24,12 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO IV |
GIV |
COXERACIÓN |
15,17 |
22,90 |
26,21 |
|
MANTEMENTO (oficial especialista) |
|||||
|
MANTEMENTO (resp. equipo/supervisor) |
17,36 |
26,67 |
30,49 |
||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
15,73 |
23,50 |
26,87 |
||
|
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
15,88 |
23,67 |
27,05 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
16,04 |
23,84 |
27,29 |
||
|
GRUPO III |
GRUPO III |
PRODUCIÓN |
16,31 |
24,34 |
27,92 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN. Y SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO II |
GRUPO II |
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
17,47 |
26,31 |
30,18 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN. Y SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO I |
GRUPO I |
PERSOAL TÉCNICO |
21,09 |
32,18 |
6,81 |
|
GRUPO 0 |
GRUPO 0 |
PERSOAL DIRECTIVO |
- |
- |
- |
ANEXO III
Táboa salarios base ano 2026 do Convenio Finsa para as fábricas de Galicia
|
GRUPO PROFESIONAL |
DIVISIONS FUNCIONAIS |
SALARIO |
SALARIO |
SALARIO |
|
|
MES |
DIA |
ANO |
|||
|
GRUPO VII |
GVII |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.528,88 |
50,34 |
22.149,60 |
|
GRUPO VI |
GVI (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.543,55 |
50,74 |
22.325,60 |
|
GVI (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.572,82 |
51,71 |
22.752,40 |
|
|
GRUPO V |
GV (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.619,60 |
53,30 |
23.452,00 |
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
|||||
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
GV (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
1.733,78 |
57,01 |
25.084,40 |
|
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
1.781,23 |
58,54 |
25.757,60 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO IV |
GIV |
COXERACIÓN |
1,882,53 |
61,94 |
27.253,60 |
|
MANTEMENTO (oficial especialista) |
|||||
|
MANTEMENTO (resp. equipo/supervisor) |
2.147,11 |
70,66 |
31.090,40 |
||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
1.951,23 |
64,17 |
28.234,80 |
||
|
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
1.969,66 |
64,78 |
28.503,20 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
1.989,02 |
65,40 |
28.776,00 |
||
|
GRUPO III |
GRUPO III |
PRODUCIÓN |
2.022,76 |
66,47 |
29.246,80 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO II |
GRUPO II |
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
2.162,72 |
71,11 |
31.288,40 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO I |
GRUPO I |
PERSOAL TÉCNICO |
2.600,51 |
85,43 |
37.633,20 |
|
GRUPO 0 |
GRUPO 0 |
PERSOAL DIRECTIVO |
2.690,84 |
88,46 |
38.922,40 |
ANEXO IV
Táboa horas extras ano 2026 do Convenio Finsa para as fábricas de Galicia
|
GRUPO PROFESIONAL |
DIVISIONS FUNCIONAIS |
HORAS |
HORAS |
HORAS |
|
|
EXCESO |
EXTRAS |
FEST/NOCT. |
|||
|
GRUPO VII |
GVII |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
12,94 |
18,33 |
20,97 |
|
GRUPO VI |
GVI (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
13,04 |
18,52 |
21,16 |
|
GVI (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
13,29 |
18,75 |
21,45 |
|
|
GRUPO V |
GV (N1) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
13,70 |
19,63 |
22,45 |
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
|||||
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
GV (N2) |
PRODUCIÓN E ACTIVIDADES DE APOIO |
14,65 |
21,22 |
24,32 |
|
|
MANTEMENTO |
|||||
|
COXERACIÓN |
|||||
|
ADMÓN. E SERV. SOPORTE A XESTIÓN |
15,05 |
21,56 |
24,72 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO IV |
GIV |
COXERACIÓN |
15,92 |
23,47 |
26,86 |
|
MANTEMENTO (oficial especialista) |
|||||
|
MANTEMENTO (resp.equipo/supervisor) |
18,16 |
27,33 |
31,24 |
||
|
ADMÓN. E SERV. APOIO XESTIÓN |
16,49 |
24,08 |
27,53 |
||
|
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
16,65 |
24,25 |
27,72 |
||
|
PERSOAL TÉCNICO |
16,81 |
24,43 |
27,96 |
||
|
GRUPO III |
GRUPO III |
PRODUCCIÓN |
17,08 |
24,94 |
28,61 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN Y SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO II |
GRUPO II |
PRODUCIÓN E ACTIV. APOIO |
18,28 |
26,96 |
30,93 |
|
MANTEMENTO |
|||||
|
ADMÓN E SERV. APOIO XESTIÓN |
|||||
|
PERSOAL TÉCNICO |
|||||
|
GRUPO I |
GRUPO I |
PERSOAL TÉCNICO |
21,98 |
32,97 |
37,72 |
|
GRUPO 0 |
GRUPO 0 |
PERSOAL DIRECTIVO |
- |
- |
- |
