Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
– Data da resolución: 19.12.2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-05-25-C-3.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para taller, almacén e venda de materiais de mantemento, reparación e recambios para barcos.
Porto: Burela.
Concesionario: Frenos Carpe, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 297 m².
Investimento: 0 € (con IVE).
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 5.178,34 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais, o 1 % do importe neto anual da cifra de negocio.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 22.12.2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-48-25-C-3.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para nave de redes e aula de formación náutico-pesqueira.
Porto: Ribeira.
Concesionario: Francisco Vicente Argibay Martínez.
Superficie concedida no título concesional: 2.482 m².
Investimento: 50.200 € (con IVE).
Prazo da concesión: cinco (5) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 2.636,64 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais, o 1 % do importe neto anual da cifra de negocio.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
– Data da resolución: 8.1.2026.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-01-25-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para a subministración de combustible a embarcacións no peirao de Mirasol.
Porto: Ribadeo.
Concesionario: Repsol Soluciones Energéticas, S.A.
Superficie concedida no título concesional: 347 m².
Investimento: 0 € (con IVE).
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 9.569,93 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais, o 1 % do importe neto anual da cifra de negocio.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 19.1.2026.
Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-48-04-C-2.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario dunha parcela para a construción dunha nave para empacado de peixe fresco para a súa exportación.
Porto: Ribeira.
Concesionario: Frigríficos de Ribeira, S.A.
Superficie concedida no título concesional: 778 m².
Investimento: 74.415 € (con IVE).
Prazo da concesión: ata o 27.7.2033.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 3.175,17 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais, 0,0015 € por kg de peixe vendido.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 21.1.2026.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-40-25-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para realizar a actividade de subministración de electricidade.
Porto: O Freixo.
Concesionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Superficie concedida no título concesional: 439 m².
Investimento: 0 € (con IVE).
Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 334,41 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais, 1.317 € anuais.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 3.2.2026.
Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-28-24-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para construción dunha nave industrial e dunha parcela para a autoprestación do servizo de reparación de embarcacións, e 12 departamentos de usuarios para almacén de aparellos de pesca ou marisqueo.
Porto: Maniños-Barallobre.
Concesionario: Confraría de Barallobre.
Superficie concedida no título concesional: 941 m².
Investimento: 447.616 € (con IVE).
Prazo da concesión: ata o 30.11.2050.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.838,56 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais, o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 12.2.2026.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-40-25-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie do edificio 12.40.EDF.007 e da instalación 12.40.OBR.001 (pasarela e pantaláns), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de centro náutico-deportivo e escola de vela.
Porto: O Freixo.
Concesionario: Concello de Outes.
Superficie concedida no título concesional: 960 m².
Investimento: 0 € (con IVE).
Prazo da concesión: 10 anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 53.622,66 € anuais (IVE excluído).
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
– Data da resolución: 27.2.2026.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-55-24-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, do edificio 12.55.EDF.009 (lonxa vella) para o desenvolvemento das actividades de almacenamento de útiles de pesca, caixas e vehículos non particulares.
Porto: Rianxo.
Concesionario: Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.
Superficie concedida no título concesional: 554 m².
Investimento: 0 € (con IVE).
Prazo da concesión: 10 anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 10.807,43 € anuais (IVE excluído), o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio polas actividades de almacenamento e vehículos, e o 1,5 % polas actividades complementarias.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 3.3.2026.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-03-25-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario do edificio 14.03.EDF.007 para deportes náuticos e pantalán flotante desmontable titularidade do solicitante.
Porto: Foz.
Concesionario: Concello de Foz.
Superficie concedida no título concesional: 1.353 m².
Investimento: 0 € (con IVE).
Prazo da concesión: 10 anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 39.281,91 € anuais (IVE excluído), e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio polas actividades de formación e ensinanzas náuticas.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se fai público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Juan Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
