DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de marzo de 2026 pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento 4-D de exportadores do porto de Muros (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a María del Carmen Lestón Santiago o acordo de iniciación do procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento 4-D de exportadores do porto de Muros, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por atoparse extinguida a autorización de ocupación, non ser factible a súa renovación pola existencia de usos non autorizados e non se ter producido a devolución voluntaria da posesión do departamento tras recibir a comunicación da Presidencia de Portos de Galicia, emitida ao abeiro do establecido no artigo 230 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este acto administrativo emíteo o presidente da entidade pública Portos de Galicia en aplicación do artigo 229 da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Outórgase o trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días naturais contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o cal se poderán formular alegacións e presentar os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia; o réxime de abstención e recusación é o previsto nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

A competencia para resolver este procedemento, de acordo co previsto no artigo 148.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (en diante, LPG), corresponde á Presidencia da EPE Portos de Galicia.

A resolución que se emita no procedemento será inmediatamente executiva e, de ser preciso, o desafiuzamento será executado co auxilio das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Contra este acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia