DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18499

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e corpo administrativo, escala de persoal de servizos xerais (PSX), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 12 de marzo de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 17735, no sumario da resolución de convocatoria, onde di:

«de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e corpo administrativo, escala de persoal de servizos xerais (PSX), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia».

Debe dicir:

«do corpo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX)».

Na páxina 17752, anexo I, postos ofertados na primeira fase, onde di:

«Corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto deste proceso

Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora.

Corpo administrativo, escala de persoal de servizos xerais (PSX)».

Debe dicir:

«Corpos e escalas obxecto deste proceso

Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora.

Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX)».