DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18501

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2026 pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 3 de outubro de 2025, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño).

Mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o acceso ao corpo facultativo de grao medio, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 3 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 196, do 10 de outubro), aprobáronse as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no referido proceso selectivo.

Contra a dita Resolución do 3 de outubro de 2025, unha persoa aspirante presentou un recurso de alzada, no cal basicamente alegaba o incumprimento por parte de terceiras persoas dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria e solicitaba a súa exclusión.

Por Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 25 de febreiro de 2026 estimouse o antedito recurso, polo cal procede a modificación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, coa exclusión daquelas persoas aspirantes que non acreditasen a posesión dos requisitos establecidos na convocatoria.

De conformidade coa base II.1.2.9 da convocatoria, así como o artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e en execución da Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se resolve o recurso de alzada presentado contra a Resolución do 3 de outubro de 2025, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,

DISPOÑO:

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, pola quenda de acceso libre, en relación coas seguintes persoas:

Apelidos e nome

DNI

Excluído

Causa da exclusión

Adrián Comesaña Campos

***6534**

Si

Non reúne os requisitos establecidos na convocatoria

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal