Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2018/31-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 3 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN408A 2018/31-1.
Entidade beneficiaria: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.
Denominación da instalación: Subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle.
Concello: Dumbría.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
|
73 |
Pedras Negras |
15034A01900447 |
Herdeiros de Avelino Lema Lema |
|
88 |
Peneireiro |
15034A01900409 |
Jesús Pérez Túñez |
|
174 |
Tras Campos da Laxe |
15034A00900386 |
José Trillo Antelo |
