Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícaselles a persoa interesada o pagamento dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto: Instalación de reconectador TC no apoio núm. 267/1 da LMTA BCR807 (Cervantes), que se realizarán na casa do concello de Cervantes, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre os bens afectados, por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 2 de marzo de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/34 ATE.
Entidad beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Instalación de reconectador TC no apoio núm. 267/1 da LMTA BCR807.
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello de Cervantes.
|
Concello |
Titular |
Data |
Hora |
Predio |
|
Cervantes |
Descoñecido/a |
29.4.2026 |
10.00 |
1 e 2 |
