DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2021/200-1, no concello de Oleiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA, DC, SMC716//SMC722, substitución dos apoios D12 e D14, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/200-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 5 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/200-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA, DC, SMC716//SMC722, substitución dos apoios D12 e D14.

Concello: Oleiros.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito

Importe

2

3859614NH5945N0001BF

Descoñecida

2026/15/250

424,11 €