DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18693

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Lemos, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión por absorción.

A sociedade cooperativa agraria de primeiro grao Lemos, S. Coop. Galega, con domicilio nas Gándaras, s/n, 27400 Monforte de Lemos (Lugo), con NIF F27013739, comunica, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que en asemblea xeral extraordinaria do 5 de marzo de 2024 acordou a fusión por absorción con Cogapen, S. Coop. Galega, en que esta última resulta a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Lemos, S. Coop. Galega.

Os acredores terán dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Monforte de Lemos, 15 de decembro de 2025

Eliseo Mariño Rodríguez
Presidente de Lemos, S. Coop. Galega