DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o equipamento sociosanitario en Tameiga.

O Pleno do Concello de Mos, na sesión do 23 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para o equipamento sociosanitario en Tameiga, formulado por Doralresidencias Gestión Sociosanitaria, S.L., e desestimar as alegacións presentadas por Montes Veciñais en Man Común de Tameiga o 18.1.2014, polas razóns expostas no informe técnico municipal do 13.2.2026.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da dita lei. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do artigo 209 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial ás persoas interesadas, xunto co informado sobre a desestimación das alegacións, e a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados a quen xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Para os efectos do disposto no punto segundo e terceiro da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada definitivamente estará á disposición das persoas interesadas na ligazón:

https://concellomos-my.sharepoint.com/:f:/g/personal/documentacion_concellomos_es/IgAlNxiVVjPzQJoXWfK_ocsYAWcg_AZjeLWCWqX6Bom6GKE?e=pxHbKG

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio ou da recepción da notificación do acordo, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme ao dereito.

Mos, 24 de febreiro de 2025

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa