DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública o expediente de extinción dunha concesión de augas no concello de Neda (expediente E-63/243-C).

Por medio deste anuncio sométese a información pública, en virtude do establecido no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, a extinción do expediente da concesión de augas, outorgada o 18 de febreiro de 1965, do río Belelle para accionamento dun muíño fariñeiro e rega dun predio, no concello de Neda. As características da concesión son as seguintes:

Titular: Manuel Dobarro Gómez.

Expediente: E-63/243-C.

Captación:

– Nome da corrente: río Belelle.

– Punto de toma: x= 568636; y= 4817192 (ETRS-89 fuso 29).

Réxime do aproveitamento:

– Caudal: 770,35 l/s.

Destino das augas: forza motriz para accionamento dun muíño fariñeiro de catro moas chamado «Balvís» ou «Do Cubo» e rega dun predio denominado «Prado do Muíño».

Lugar: Balvís.

Parroquia: Santa María de Neda (Santa María).

Concello: Neda (A Coruña).

Augas de Galicia iniciou este expediente de oficio por caducidade da concesión, xa que levaba máis de tres (3) anos consecutivos sen explotación. Na actualidade figura como titular dos terreos Eduardo Dobarro Luaces, sen que conste que instase o cambio de titularidade da concesión.

A resolución do título de concesión e o plano indicativo poden consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e o expediente obxecto de extinción pode consultarse nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña; para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de vinte (20) días hábiles, a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá comparecer por escrito ante o organismo de bacía calquera persoa que poida resultar afectada pola extinción do dereito e manifestar neste escrito canto considere conveniente.

A Coruña, 4 de marzo de 2026

Roberto Arias Sánchez
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte