DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de marzo de 2026 polo que se somete ao trámite de información pública o expediente de extinción dun título concesional con destino a aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre, titularidade de Naturgy Generación, S.L.U, nos concellos de Brión, Negreira e Noia (A Coruña) (clave 6/204/19).

– Clave e denominación do aproveitamento: 6/204/19, aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre.

– Titular do aproveitamento: Naturgy Generación, S.L.U.

– Enderezo: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Caudal máximo de auga concedido: 77.300 l/s.

Salto Tambre I: 22.300 l/s.

Salto Tambre II: 50.000 l/s.

Salto Tambre III: 5.000 l/s.

– Corrente de onde derivan as augas: río Tambre.

– Termos municipais onde radican as obras: Brión, Negreira e Noia (A Coruña).

– Causa de extinción: transcurso do prazo concesional.

– Servidumes: descoñecidas.

– Iniciación: de oficio.

De acordo co disposto no artigo 164.1 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, en relación co artigo 163.3 do mesmo corpo normativo, ábrese un prazo de vinte (20) días, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa que poida resultar afectada pola extinción do dereito, incluído o titular deste, poida presentar as alegacións que considere pertinentes, perante este organismo de bacía Augas de Galicia ou ante o rexistro de calquera órgano administrativo e nos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio, ademais da súa inserción no mencionado diario oficial, será publicado na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).

O expediente administrativo, para os efectos da súa consulta, estará dispoñible nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, ou ben por medios electrónicos, caso en que se deberá solicitar a ligazón de descarga mediante o correspondente escrito dirixido a Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia