DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026 pola que se publica o financiamento, cos fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo da subministración de infraestrutura de cómputo, almacenamento e copia de seguridade aos proxectos de transición dixital de Augas de Galicia. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente AUG-2025-0097).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 30200000 (equipamento e material informático).

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES11 Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: subministración de infraestrutura de cómputo, almacenamento e copia de seguridade aos proxectos de transición dixital de Augas de Galicia. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Referencia de expediente: AUG-2025-0097.

O obxecto deste contrato é a ampliación da infraestrutura de cómputo e almacenamento no Centro de Proceso de Datos (CPD) de Augas de Galicia para que se poidan poñer en funcionamento os proxectos de dixitalización que está a levar a cabo, así como a súa salvagarda mediante copias de seguridade.

O contrato ten como obxecto a subministración da seguinte infraestrutura:

– Infraestrutura de cómputo, mediante sete (7) servidores que permitan ampliar as capacidades de que xa dispón Augas de Galicia e preparados para a instalación de tarxetas gráficas (Graphics Processing Unit), para o seu uso en proxectos de intelixencia artificial.

– Infraestrutura de almacenamento, mediante unha cabina de almacenamento de bloque provista de discos con tecnoloxía NVMe (Non-Volatile Memory Express) que proporcione, polo menos, 115TB de almacenamento neto (sen aplicar tecnoloxías de compresión, deduplicación ou calquera outra de optimización), que permita a súa ampliación no futuro, e dispoña de tecnoloxía de compresión e deduplicación.

– Infraestrutura de copia de seguridade, baseada nun disco cunha capacidade mínima de 200TB netos (sen aplicar tecnoloxías de compresión, deduplicación nin calquera outra de optimización do dato), compatible e integrado co software que utiliza Augas de Galicia para o proceso de copias de seguridade, Veeam Backup & Replication edición Enterprise, na súa última versión. Para a dita integración cómpre a subministración dun servidor que conecte o software de copia de seguridade coas librarías de cintas que posúe Augas de Galicia.

Ademais, o contrato comprende a necesidade de que estas tres infraestruturas se comuniquen entre si mediante conmutadores de rede que permitan unha redundancia de comunicacións, largo de banda suficiente para un rendemento eficiente das infraestruturas e suficiente número de portos para os distintos servizos de comunicación.

Así mesmo, inclúense a instalación e a configuración de todas as infraestruturas subministradas e a súa integración dentro do contorno actual de Augas de Galicia, mediante a operación, compatibilidade e soporte ás infraestruturas implementadas, comprobando o seu correcto funcionamento, e as tarefas de formación do persoal técnico de Augas de Galicia respecto das infraestruturas.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 660.000,00 euros. Importe total: 798.600,00 euros.

8. Valor estimado do contrato: 660.000,00 euros; coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 5 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (60), melloras técnicas complementarias vinculadas á subministración (30) e medidas para o impulso demográfico (10).

11. Data da adxudicación do contrato: 22 de decembro de 2025.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 2.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 26 de xaneiro de 2026.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Itwise Technology Services, S.L.

14.2. NIF: B84470939.

14.3. Enderezo: r/ Copenhague, 6, 28232 Las Rozas de Madrid (Madrid).

14.4. Código NUTS: ES300.

14.5. Correo electrónico: administracion@itwise.es

14.6. Fax: 916 37 81 18.

14.7. Teléfono: 615 81 64 69.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 655.866,00 euros. Importe total: 793.597,86 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si procede.

Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 3 (C5.I3): transición dixital no sector da auga (vixilancia e control do contorno dixital); fito CID 426: posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos; proxecto 01 (C05.I03.P01): mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13): PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S152/2025, do 11 de agosto de 2025.

19. Data de envío e publicación do presente anuncio:

19.1. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de xaneiro de 2026.

19.2. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de xaneiro de 2026.

19.3. Data de publicación no perfil de contratante: 2 de febreiro de 2026.

20. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

21. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de agosto de 2025.

Publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de agosto de 2025.

Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 12 de agosto de 2025.

Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 7 de xaneiro de 2026.

Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 27 de xaneiro de 2026.

Publicación do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de xaneiro de 2026.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia