DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 3 de marzo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Cortecadela, no concello de Nogueira de Ramuín.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 23 de febreiro de 2026, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Comunal de Cortecadela.

Superficie: 1,35 ha.

Pertenza: veciños de Cortecadela.

Parroquia: Rubiacós (Santa Cruz).

Concello: Nogueira de Ramuín.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32053A08700106

Norte

32053A07209013

32053A08709006

Leste

32053A08709006

Sur

32053A08709006

32053A08709003

32053A08709004

Oeste

32053A08709004

32053A07209013

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 3 de marzo de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense