DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 3 de marzo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cabadas (ampliación), no concello de Cartelle.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 23 de febreiro de 2026, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cabadas (ampliación), no concello de Cartelle, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 1 de xullo de 2025 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Nogueiró, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Cabadas (ampliación), no concello de Cartelle.

Segundo. Con data do 7 de xullo de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para efectuar as alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para efectuar as alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Cabadas (ampliación).

Superficie: 5,82 ha.

Pertenza: CMVMC de Nogueiró.

Parroquia: O Mundil (Santa María) e Vilar de Vacas (Santa María).

Concello: Cartelle.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas RR.CC. 32021A05409001, 32021A05409002 e 32021A05409003.

Os ditos terreos conforman, ademais, un couto redondo co xa clasificado MVMC Cabadas.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32021A05400001 (parte)

32021A05400040 (parte)

32021A05400041 (parte)

32021A05400044

32021A05400045

32021A05400048

32021A05400049

32021A05400052

32021A05400053

32021A05400056

32021A05400057

32021A05400058

Norte

32021A05400460 (resto)

32022A05400192

32022A05400178 (resto)

32023A05409001 (resto)

Lste

32024A05409001 (resto)

32022A05400615

32022A05400616 (resto)

32022A05400462 (resto)

32023A05400461 (resto)

32021A05400059

32021A05400060 (parte)

32021A05400063 (parte)

32021A05400064 (parte)

32021A05400065 (parte)

32021A05400066 (parte)

32021A05400067 (parte)

32021A05400068 (parte)

32021A05400072 (parte)

32021A05400088 (parte)

32021A05400089 (parte)

32021A05400090

Sur

32023A05400461 (resto)

32024A05409001 (resto)

32025A05400001 (resto)

32024A05309002 (resto)

32024A05400072 (resto)

32024A05409002 (resto)

32025A05400095 (resto)

32025A05400096 (resto)

32025A05400097 (resto)

32025A05400098 (resto)

32024A05409003 (resto)

32025A05400099 (resto)

32021A05400091 (parte)

32021A05400092 (parte)

32021A05400093 (parte)

32021A05400094 (parte)

32021A05400095 (parte)

32021A05400096 (parte)

32021A05400097 (parte)

32021A05400098 (parte)

32021A05400099 (parte)

32021A05400100

32021A05400101

32021A05400102

32021A05400105

32021A05400106

32021A05400107

32021A05400108

32021A05400111

32021A05400113

32021A05400114

32021A05400117

32021A05400118

32021A05400119

32021A05400120

32021A05400121

32021A05400122

32021A05400123

32021A05400124

32021A05400125

32021A05400126

32021A05400127

32021A05400128

32021A05400129

32021A05400130

32021A05400131

32021A05400132

32021A05400133

32021A05400134

32021A05400135

32021A05400136

32021A05400137

32021A05400138

32021A05400139 (parte)

32021A05400140 (parte)

32021A05400141 (parte)

32021A05400142 (parte)

32021A05400143 (parte)

32021A05400144 (parte)

32021A05400135

32021A05400220 (parte)

32022A05400221 (parte)

32021A05400222

32021A05400223 (parte)

32021A05400224 (parte)

32022A05400232 (parte)

32021A05400460 (parte)

32021A05400461 (parte)

32021A05400462 (parte)

32022A05400560 (parte)

32021A05409001 (parte)

32022A05409002 (parte)

32021A05409003 (parte)

32022A05409004 (parte)

32021A05500616 (parte)

32020D52202235 (parte)

32021D52202279 (parte)

32022D52202280 (parte)

32023D52202281 (parte)

32024D52202282 (parte)

32025D52202284 (parte)

32026D52202285 (parte)

32027D52202286 (parte)

32028D52202287 (parte)

32028D52202381 (parte)

32028D52212283 (parte)

32029D52212288 (parte)

32030D52222283 (parte)

32031D52222288 (parte)

32032D52232240 (parte)

32033D52232288 (parte)

32021D52209046 (parte)

32025A05400562 (resto)

32025A05400068 (resto)

32025A05400067 (resto)

32025A05400066 (resto)

32025A05400065 (resto)

32025A05400064 (resto)

32025A05400063 (resto)

32026A05400060 (resto)

32027A05402279 (resto)

32028A05402280 (resto)

32029A05402281 (resto)

32030A05402282 (resto)

32031A05412283 (resto)

32032A05422283 (resto)

32033A05402284 (resto)

32034A05402285 (resto)

32035A05402286 (resto)

32036A05432240 (resto)

Oeste

32037A05402235 (resto)

32031A05412288 (resto)

32032A05432288 (resto)

32033A05422288 (resto)

32029A05400041 (resto)

32024A05409004 (resto)

32029A05400143 (resto)

32030A05400144 (resto)

32031A05400088 (resto)

32030A05400142 (resto)

32031A05400141 (resto)

32032A05400140 (resto)

32033A05400139 (resto)

32034A05400089 (resto)

32028D52202381 (resto)

32031A05400091 (resto)

32032A05400092 (resto)

32033A05400093 (resto)

32034A05400094 (resto)

32031A05400232 (resto)

32032A05400560 (resto)

32031A05400224 (resto)

32032A05400223 (resto)

32021D52209046 (resto)

32032A05400220 (resto)

32033A05400221 (resto)

32021A05400460 (resto)

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Cabadas (ampliación), no concello de Cartelle, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 3 de marzo de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense