DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas Jomelo II e M.R. VIII.

Antecedentes:

1. O día 10 de febreiro de 2026, María Rosa Berdullas Blanco solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas Jomelo II e M.R. VIII.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

3. O día 18 de febreiro de 2026, a persoa titular do Departamento Territorial da Consellería do Mar en Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Jomelo II.

Situación:

Cuadrícula nº: 183.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Fernández Rey (***1166**) e María Rosa Berdullas Blanco (***9317**).

Nova titular: María Rosa Berdullas Blanco (***9317**).

Tipo: batea.

Nome: M.R. VIII.

Situación:

Cuadrícula nº: 283.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.11.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Fernández Rey (***1166**).

Nova titular: María Rosa Berdullas Blanco (***9317**).

A nova titular das concesións subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 19 de febreiro de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo