DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18734

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 10 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

BDNS (Identif.): 892968.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/892968

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no Rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Segundo. Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de obras realizadas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como a adquisición de equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 10 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de tres millóns de euros (3.000.000,00 €), coa seguinte distribución inicial por liña de subvención:

Liña

Importe

Liña 1. Obras

2.600.000,00

Liña 2. Equipamentos

400.000,00

Total

3.000.000,00

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes