A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 9 de febreiro de 2026, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa de terreos para executar o sistema xeral de espazos libres SX-EL6 do Plan xeral de ordenación municipal, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A., e presentado con data do 5 de febreiro de 2026.
Polo que se somete a información pública, polo prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O documento, no que se inclúe a relación de bens e dereitos afectados polo expediente, estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas e no taboleiro electrónico do Concello na seguinte ligazón:
https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/tablon/2025/
Carballo, 16 de febreiro de 2026
José Daniel Pérez López
Alcalde
