No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 47, do 11 de marzo de 2026, publicáronse integramente as bases para cubrir dúas prazas vacantes de persoal funcionario de carreira da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025.
Mediante a Resolución da Alcaldía número 564, do 11 de marzo de 2026, acordouse convocar o proceso selectivo mediante oposición por quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
O Barco de Valdeorras, 11 de marzo de 2026
Aurentino Alonso Araújo
Alcalde
