No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 46, do 10 de marzo de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 4 de marzo de 2026, relativas á seguinte convocatoria:
– Unha praza de técnico/a medio/a de promoción de emprego, pola quenda libre, subgrupo A2, C.E. 12/23.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 12 de marzo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
