DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18878

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de orientador/a profesional.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 29, do 12 de febreiro de 2026, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de orientador/a profesional, con nivel de titulación universitaria de grao ou equivalente, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 26 de febreiro de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía núm. 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal