Mediante a Resolución da Alcaldía nº 299/2026, do 6 de marzo de 2026, aprobouse a convocatoria de proceso para a provisión de prazas vacantes no corpo da Policía local, escala básica, categoría de policía, incluídas na OEP 2025 do Concello de Ordes (BOP nº 249, do 30 de decembro de 2025), pola quenda de mobilidade, a través do procedemento de concurso.
A denominación e as características das prazas que se convocan neste proceso son as seguintes:
Funcionarios de carreira.
|
Código |
Denominación |
Tipo |
Corpo |
Grupo |
Nivel |
C. específico |
Titulación exixida |
Formación específica |
Observacións |
|
06.00.13 |
Policía local |
F/S |
A.E./S.E. |
C1 |
20 |
15.839,88 |
Título de bacharelato, técnico ou equivalente |
Manexo de ofimática no nivel de usuario/a. – Manexo dos programas informáticos específicos da súa área. – Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B. – Celga 4 |
Xornada de traballo a quendas |
|
06.00.14 |
Policía local |
F/S |
A.E./S.E. |
C1 |
20 |
15.839,88 |
Título de bacharelato, técnico ou equivalente |
Manexo de ofimática no nivel de usuario/a. – Manexo dos programas informáticos específicos da súa área. – Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B. – Celga 4 |
Xornada de traballo a quendas |
As bases que regulan a convocatoria deste proceso de provisión publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia nº 48, do 12 de marzo de 2026.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ordes e na web municipal.
Ordes, 12 de marzo de 2026
José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente
