De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 35314750K o acordo de iniciación de expediente sancionador do 20 de xaneiro de 2026, ditado no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D36.113607.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
