DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de marzo de 2026 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 406 2025 no expediente de reposición da legalidade PON 96 2021 RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal de Instancia – Sección do Contencioso-Administrativo– praza número 1 de Vigo, en relación co procedemento ordinario 406 2025, interposto pola persoa con DNI 36009897Q, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 14 de maio de 2020, interposto contra outra do 5 de setembro de 2023-expediente PON 96 2021 RP1, na cal se declaraban ilegalizables as obras executadas sobre terreos reservados para vía, consistentes en ampliación dunha edificación existente (referencia catastral 7642501NG2774S0001HW9), sita en Camiño do Castriño, número 2, parroquia de Cabral, no concello de Vigo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia –Sección do Contencioso Administrativo– praza número 1 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 76732547Q para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística