Mediante a Resolución do 4 de xuño de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 115, do 18 de xuño) convocouse a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa pública dun proxecto, de varios postos de supervisor/a de Unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicar os postos de supervisor/a de Unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocados neste procedemento aos/ás aspirantes seleccionados/as que constan no anexo.
Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento (artigo 6 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas que modifica o artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde). Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 10 de marzo de 2026
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Adxudicación de postos
|
DNI |
Apelidos e nome |
Denominación |
Centro |
|
***1103** |
Arias Villanueva, Alexandra |
Supervisión Unidade Psiquiatría |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
|
Deserta (1) |
Deserta (1) |
Supervisión Unidade Radiodiagnóstico (Hospital Montecelo) |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
|
***3219** |
Güimil Barrerio, Sonia |
Supervisión Unidade Corta Estancia (UCE) e Hospitalización a Domicilio (HADO) |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
|
***1923** |
Gutiérrez Ferreira, María Isabel |
Supervisión Unidade Quirófano (Hospital Montecelo) |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
|
***8663** |
Martínez Torres, Elvira |
Supervisión Unidade Cirurxía Par |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
|
***3477** |
Monteagudo Diz, Alexandra |
Supervisión Unidade Medicina Interna II |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
|
***6088** |
Rey Vázquez, Tamara |
Supervisión Unidade Esterilización |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra |
(1) Base convocatoria 5.9.
(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
