DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento ordinario 4484/2025.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase un recurso contencioso-administrativo (PO 4484/2025) interposto por Javier Madriñán Siso, Manuel Madriñán Siso e Madriñán Siso, S.L., contra a Resolución da conselleira do Medio Rural do 3.10.2025 pola que se desestimou o recurso de alzada interposto contra a desestimación presunta da solicitude de exclusión das súas parcelas da concentración parcelaria da zona de Galegos (Lalín, Pontevedra).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer ante o tribunal no prazo de nove días contado desde a publicación deste anuncio, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 6 de marzo de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra