DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18895

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 12 de marzo de 2026 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa-FECA,

DISPOÑO:

A renovación de José Luis Vilanova García como vogal representante das organizacións empresariais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar