DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2011/65-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En virtude do artigo 172.2 do Código civil e toda vez que transcorreu o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou o desamparo decaeu o dereito a opoñerse ás decisións ou medidas adoptadas de protección. Non obstante, poderán facilitar información á Entidade Pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración da situación de desamparo e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da Entidade Pública.

Vigo, 25 de febreiro de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2011/65-36.

Persoa interesada: 53176372G.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 21 de xaneiro de 2026.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantenemento de medida administrativa.