DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 11 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Rego do Lobo e as súas infraestruturas de evacuación, nos concellos de Muxía, Cee e Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2024/009).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: EDP Renovables España, S.L.U. (NIF: B91115196).

Domicilio social: praza do Fresno, núm. 2, 33007 Oviedo (Asturias).

Denominación do proxecto: parque eólico Rego do Lobo e infraestruturas de evacuación.

Nº de expediente: IN408A 2024/009.

Concellos afectados: Muxía, Cee e Dumbría (A Coruña).

Potencia que se instalará: 24,2 MW (3 aeroxeradores a 6,8 MW e 1 aeroxerador a 3,8 MW).

Potencia que se autoriza/evacuable: 24,2 MW.

Produción neta anual: 74,05 GWh/ano.

Orzamento de execución material:

• Parque eólico: 19.498.249,15 €.

• Infraestrutura de evacuación: 3.257.895,84 €.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Localización (área de afección):

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

poligonal

Coordenadas UTM

fuso 29 ETRS89

X

Y

V01

482.500,00

4.766.750,00

V02

483.220,00

4.766.870,00

V03

483.370,00

4.765.360,00

V04

483.370,00

4.762.290,00

V05

481.150,00

4.762.290,00

V06

481.500,00

4.764.240,00

V07

482.500,00

4.764.300,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

fuso 29 ETRS89

X

Y

RdL-01

482.978,00

4.766.564,00

RdL-02

483.119,00

4.765.366,00

RdL-03

482.426,00

4.762.855,00

RdL-04

482.720,00

4.762.565,00

Coordenadas da subestación:

Vértices subestación

Coordenadas UTM

fuso 29 ETRS89

X

Y

1

482.802,94

4.762.773,81

2

482.851,40

4.762.769,64

3

482.846,66

4.762.714,51

4

482.798,20

4.762.718,68

Coordenadas da torre de comunicacións:

Torre comunicacións

Coordenadas UTM

fuso 29 ETRS89

X

Y

RdL-TC

482.836,74

4.762.698,59

Coordenadas das torres meteorolóxicas:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

fuso 29 ETRS89

X

Y

RdL-TM

482.657,00

4.766.491,00

TM provisional

(posición RdL-01)

482.978,00

4.766.564,00

Coordenadas da liña de evacuación:

Liña de evacuación

Coordenadas UTM

fuso 29 ETRS89

X

Y

Inicio

(pórtico SET Rego do Lobo)

482.835,32

4.762.760,46

Apoio núm. 14

(paso aero-soterrado)

485.439,60

4.761.520,43

Apoio núm. 15

(paso soterrado-aéreo)

486.395,28

4.760.837,39

Apoio núm. 31

(paso aero-soterrado)

489.659,13

4.759.212,49

Finalización

(pórtico SET Paxareiras II)

491.595,88

4.758.767,70

Características técnicas da instalación:

• Tres (3) aeroxeradores tripá do fabricante Vestas modelo V162, de 7,2 MW de potencia nominal limitada a 6,8 MW, cun diámetro de rotor de 162 m e unha altura de buxa de 119 m, que se corresponden cos aeroxeradores RdL-01, RdL-02 e RdL03.

• Un (1) aeroxerador tripá do fabricante Vestas modelo V117, de 4,2 MW de potencia nominal limitada a 3,8 MW, cun diámetro de rotor de 117 m e unha altura de buxa de 91,5 m, que se corresponde co aeroxerador RdL-04.

• Tres (3) centros de transformación de 8.400 kVA de potencia e relación de transformación 0,80/30 kV para os aeroxeradores RdL-01, RdL-02 e RdL-03, que se instalarán no interior de cada aeroxerador, cos seus correspondentes equipamentos de seccionamento, manobra e protección.

• Un (1) centro de transformación de 5.150 kVA de potencia e relación de transformación 0,80/30 kV para o aeroxerador RdL-04, que se instalará no interior do aeroxerador, cos seus correspondentes equipamentos de seccionamento, manobra e protección.

• Rede soterrada de 30 kV para conectar os aeroxeradores coa subestación colectora de Rego do Lobo 66/30 kV, composta por dous circuítos con cable unipolar de tipo AL RHZ1-18/30 kV, e seccións de 150, 300 e 500 mm².

• Rede de comunicacións Ethernet co fin de realizar as tarefas de monitorización e control do parque eólico, que usará como soporte un cable de fibra óptica que se tenderá nas mesmas gabias dispostas para a evacuación da enerxía eléctrica.

• Unha torre de comunicacións de 80 m de altura, para a colocación de antenas e radios en distintas alturas, que conecta o sistema de control e monitorización do parque eólico mediante fibra óptica.

• Rede de posta á terra constituída por cable de cobre espido de 70 mm² de sección.

• Unha torre meteorolóxica provisional, que servirá para a calibración da torre meteorolóxica definitiva, que terá 119 m de altura, de celosía e arrostrada.

• Unha torre meteorolóxica definitiva de 119 metros de altura, con capacidade autoportante, equipada cos seus correspondentes equipamentos de medición.

• Subestación transformadora Rego do Lobo para elevar a tensión do parque eólico, proxectada do seguinte modo:

– Sistema 66 kV en intemperie, equipado cunha posición de transformador/liña 66 kV e un transformador de potencia trifásico 22,5/30 MVA, ONAN/ONAF e relación de transformación 30/66 kV.

– Sistema 30 kV en intemperie, equipado con transformador de servizos auxiliares 30/0,42 kV e potencia 100 kVA, reactancia de posta á terra, batería de condensadores e grupo electróxeno.

– Sistema 30 kV en interior: conxunto de celas de media tensión para a protección da entrada/saída de liña, transformador de potencia e transformador de servizos auxiliares e de reserva, de medida de barras e de batería de condensadores.

– Un edificio de control que albergará o sistema de control da subestación, área de comunicacións e as celas de media tensión.

• Unha liña de alta tensión aero-soterrada de 66 kV para evacuar a enerxía xerada, cunha lonxitude total de 12.201 m dividida en 4 tramos, desde a subestación do parque eólico Rego do Lobo ata a subestación do parque eólico Paxareiras II, obxecto doutro proxecto técnico (expediente IN661A 2011/8):

– Tramo 1: aéreo de simple circuíto, condutor tipo LA-180, con orixe na subestación Rego do Lobo e final no apoio núm. 14, cunha lonxitude de 3.364 metros.

– Tramo 2: soterrado en gabia de simple circuíto con condutor tipo RHZ1 1×400 mm² Al 36/66 kV H50 Cu, con orixe no apoio núm. 14 e final no apoio núm. 15, cunha lonxitude de 1.676 metros.

– Tramo 3: aéreo de simple circuíto, condutor tipo LA-180, con orixe no apoio núm. 15 e finalización no apoio núm. 31, con 4.536 metros de lonxitude.

– Tramo 4: soterrado con condutor tipo RHZ1 1×400 mm² Al 36/66 kV H50 Cu, orixe no apoio núm. 31 e final nunha posición de liña na SET do parque eólico Paxareiras II, con 2.625 metros de lonxitude.

• Unha posición de liña 66 kV con configuración HIS T-L na subestación do parque eólico Paxareiras II.

• Finalmente, a enerxía xerada evacuarase desde a SET parque eólico Paxareiras II a través dunha liña aero-soterrada de 66 kV ata a SET colectora A Lagoa 66/220 kV. Nesta instalación elevarase a tensión para, a través dunha liña de 220 kV, alcanzar o punto de conexión á rede na SET Regoelle 220 kV. Estas instalacións de evacuación conxunta non pertencen ao alcance do presente proxecto.

Obxecto da información pública:

O proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental (EIA) correspondente ao parque eólico Rego do Lobo e as súas infraestruturas de evacuación, localizado nos concellos de Muxía, Cee e Dumbría, de acordo co establecido na normativa vixente de aplicación.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución: parque eólico Rego do Lobo e infraestruturas de evacuación. Tomo I. Modificado substancial. Proxecto de execución. Parque eólico e subestación Rego do Lobo. Termo municipal de Muxía. Provincia da Coruña. Febreiro 2026 (vsdo. o 5.3.2026).

2. O proxecto de execución: parque eólico Rego do Lobo e infraestructuras de evacuación. Tomo II. Modificado substancial. Proxecto de execución. Liña de alta tensión 66 kV. Termos municipais de Muxía, Cee e Dumbría. Provincia da Coruña. Febreiro 2026 (vsdo. o 5.3.2026).

3. O estudo de impacto ambiental (EIA): estudo de impacto ambiental relativo ao parque eólico Rego do Lobo e as súas infraestruturas de evacuación asociadas. Municipios de Muxía, Cee e Dumbría (A Coruña). Decembro 2025 (asinado o 5.12.2025).

Polo exposto, faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro.

A documentación estará á disposición para a súa consulta nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 82 e 981 18 49 83), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Muxía, Cee e Dumbría (A Coruña). Así mesmo, tamén se poderá consultar no portal web desta consellería a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

A Coruña, 11 de marzo de 2026

Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña