DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/DXM/CIM/2023/00403, interposto contra a resolución ditada no expediente PO-02345-O-2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acto que se indica, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela para o coñecemento da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia, da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da persoa interesada, se é o caso, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes

ANEXO

Número recurso alzada

Número expediente sancionador

Persoa interesada

Acto notificado

RA/DXM/CIM/2023/00403
PO-02345-O-2021

77421376H

Resolución de recurso