DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18983

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, e se abre un novo prazo de solicitudes para as prazas afectadas.

Tras se detectaren erros no anexo I de prazas ofertadas da Resolución do 10 de febreiro de 2026, da Universidade de Vigo, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios correspondente ao corpo de profesores e profesoras titulares de universidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 34, do 20 de febreiro de 2026, páxinas 14357 a 14381, cómpre facer as seguintes modificacións.

Na páxina 14372, na descrición da praza número 1, referencia TU2502-C03-420-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14372, na descrición da praza número 2, referencia TU2502-C07-640-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14372, na descrición da praza número 3, referencia TU2502-C09-760-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14373, na descrición da praza número 4, referencia TU2502-C11-755-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14373, na descrición da praza número 5, referencia TU2502-C12-765-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14374, na descrición da praza número 9, referencia TU2502-T07-520-TU-TC-02:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14375, na descrición da praza número 10, referencia TU2502-X05-245-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Na páxina 14375, na descrición da praza número 11, referencia TU2502-X11-775-TU-TC-01:

– Onde di: «Observacións: Estar no marco dunha convocatoria competitiva de investigación ou ter finalizado o programa de excelencia de que se trate, e ter certificado I3/R3».

– Debe dicir: «Observacións: Estar en posesión de certificado I3/R3».

Estas modificacións supoñen unha alteración substancial do perfil das prazas convocadas, polo que implican, exclusivamente para as prazas afectadas (números 1, 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11), a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de vinte (20) días hábiles, contados desde a publicación desta corrección de erros no Boletín Oficial del Estado. Sen prexuízo do anterior, as solicitudes presentadas previamente polas persoas aspirantes ás ditas prazas producirán plenos efectos, sen que sexa necesario que volvan realizar unha nova inscrición, aboamento de taxas nin presentación de documentación na sede.

Dado que estas correccións non afectan o resto de prazas convocadas (números 6, 7 e 8), o prazo de inscrición e presentación de solicitudes seguirá a ser o inicialmente establecido, e continuará o procedemento por separado para elas.

Vigo, 13 de marzo de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo