DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18981

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2026 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e logo de presentaren as persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria, unha vez resoltos a reclamación e mais o recurso potestativo de reposición interpostos en relación coa praza a que se refire esta resolución,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e polas demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 12 de marzo de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

TU2405-X06-225-TU-TC-01

Corpo

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento

A0225 Economía Aplicada

Departamento

D00X06 Economía Aplicada

Centro de traballo

207 Facultade de Dirección e Xestión Pública

DNI

***7696**

Nome e apelidos

David Soto Oñate