Na sesión que tivo lugar o 18 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
De conformidade co disposto na base 2.7.1 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que se modifican as resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocar para a proba física a persoa aspirante da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia (subgrupo C1) que corresponde seguindo a orde de puntuación obtida na fase de concurso, e que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
O exercicio terá lugar o día 27 de marzo de 2026, na Academia Galega de Seguridade Pública-Agasp, sita na rúa da Cultura, s/n, 36380 A Estrada (Pontevedra). As tres probas de aptitude física das que consta o exercicio son:
– Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar no polideportivo da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.
– Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar nas pistas de atletismo do Concello da Estrada, situadas na Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 11.00 horas.
– Terceira proba (natación): terá lugar na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 14.00 horas.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno acreditativo que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.
Deberán presentarse para a realización da primeira proba cun certificado médico oficial expedido dentro dos tres (3) meses inmediatamente anteriores á data de realización da primeira proba deste exercicio, nos termos expostos na base 2.7.1 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), no cal se faga constar que a persoa aspirante non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.
O chamamento para cada proba do exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Para a proba de natación, as persoas aspirantes utilizarán traxes de baño (que achegarán elas mesmas) do modelo que desexen. Queda prohibida a utilización de traxes de neopreno ou similares e axudas para a flotabilidade e/ou o incremento da velocidade de calquera tipo.
A execución das probas será pública, pero non se permitirá asúa gravación por ningún medio audiovisual que puider afectar a súa seguridade, o dereito á intimidade persoal e á propia imaxe das persoas intervenientes nestas.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
