Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dos dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 9 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/246-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC.
Concello: Dozón.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito do prezo xusto |
|
1 |
36016A032006880000FW |
Descoñecido |
2026/54/55 |
