DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2025/10 ATE).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de América, 38, 28028 Madrid, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 21 de xaneiro do 2025, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA PRS803 en tramo entre apoios nº 88-27 e nº 89-94, no concello de Carballedo, achega o proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez en que se xustifica a necesidade da instalación; proxecto ao cal que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xunta a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante acordo deste departamento territorial do 18 de novembro de 2025. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 8 de decembro de 2025 e no Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro de 2025, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Carballedo. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás cales se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, que causaría a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., para o establecemento da instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA PRS803 en tramo entre apoios nº 88-27 e nº 89-94, no concello de Carballedo, coas seguintes características técnicas principais:

– 21 novos apoios metálicos de celosía dos tipos e esforzos indicados no proxecto de execución.

– Substitución do condutor entre os apoios número 88-27 e o número 89-94 por novo condutor LA-110, cunha lonxitude total de 2.935 metros.

– Desmantelamento de 54 apoios de madeira e 8 apoios de formigón existentes.

– O anexo I modifica o apoio número 89-34 proxectado inicialmente tipo C-14/1000-H35-CA por apoio metálico celosía tipo C-22/1000-H35-CA para elevar a liña no van 89-34 a 89-35.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e hora que a cada persoa interesada se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas poderanse formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este departamento territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 26 de febreiro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Adecuación LMTA PRS803
en tramo entre apoios nº 88-27 e nº 89-94

Concello: Carballedo.

Expediente: IN407A 2025/10 ATE.

Nº de predio

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio (nº)

Cant.

Apoio

Sup. ocupación permanente (m²)

Sup. afectada por voo (lonx.)

Sup. afectada por voo (m²)

4

27009A051010050000MG

51

1005

Penedos

Monte baixo

María del Carmen Bouzán Moure

89-31

1

2

63

1.005

6

27009A051010060000MQ

51

1006

Penedos

Monte baixo

Descoñecido/a

56

897

10

27009A051010450000MF

51

1045

Lousedo

Monte baixo

José Luis Rey Pérez

89-34

1

2

36

580

13

27009A051010500000MO

51

1050

Lousedo

Monte baixo

Descoñecido/a

22

346

20

27009A051010700000MB

51

1070

Rigueira

Monte baixo

Descoñecido/a

89-36

1

2

8

126

21

27009A051010640000MH

51

1064

Rigueira

Monte baixo

Descoñecido/a

18

295

24

27009A051009930000MB

51

993

Zarrapuza

Monte baixo

Manuel García González

340

27

27009A051009810000MI

51

981

Rigueira

Monte alto

Descoñecido/a

7

30

27009A051009690000MM

51

969

Zarra Bridos

Monte baixo

Descoñecido/a

22

353

38

27009A051008620000MW

51

862

Peneda

Labradío

Francisco Rodríguez

11

172

51

27009A051008870000MS

51

887

Caño

Monte baixo

Descoñecido/a

16

402

52

27009A051008860000ME

51

886

Caño

Monte baixo

Descoñecido/a

16

402

55

27009A051008790000MD

51

879

Fonte

Labradío

María González Cortiña

165

60

27009A051008160000MX

51

816

Zarreta

Labradío

Descoñecido/a

31

679

64

27009A034001260000MU

34

126

Prado de San Pedro

Monte baixo

Hdros. de Amalia Figueiral

89-47

1

2

33

522

67

27009A034000620000MS

34

62

Naveira Nova

Labradío

María Josefa Sanmartín Bouza

89-92

1

2

11

350