DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de técnico/a medio de xestión (A2) por promoción interna (OEP 2024) do Concello de Betanzos e doutra praza de técnico da Administración xeral por concurso-oposición de promoción interna (OEP 2023).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 229, do 28 de novembro de 2025, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 2121/2025, do 19 de novembro, relativas á seguinte convocatoria:

• 1 praza de técnico/a medio de xestión, grupo A, subgrupo A2, pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnico/a medio/a, mediante o sistema de oposición, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 32, do 18 de febreiro de 2026, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 252/2026, do 12 de febreiro, relativas á seguinte convocatoria:

• 1 praza de técnico/a de xestión, grupo A, subgrupo A2, pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnico/a, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Betanzos, 23 de febreiro de 2026

María Barral Varela
Alcaldesa