DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria, pola quenda libre, para a cobertura dunha praza de técnico/a de apoio social, subgrupo A2, C.E. 13/23.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 48, do 12.3.2026, publicáronse as bases aprobadas por resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 9.3.2026, relativas á seguinte convocatoria:

– Unha praza de técnico/a de apoio social, pola quenda libre (subgrupo A2), C.E. 13/23.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 13 de marzo de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica