O Pleno da Corporación, na sesión plenaria extraordinaria que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo plenario:
Primeiro. Aprobar o cambio de uso da parcela co número de referencia 6313001NH0461S0001XG, na súa zona norte e segundo a planimetría recollida nos documentos técnicos incorporados ao expediente (CSV 5XW5TJLQMZRC2NKRWWWKTJRQ9), que pasa de uso deportivo (DPX-2) a uso sanitario-asistencial (SAX), quedando do seguinte xeito:
– Uso docente (DCX-3) cunha superficie de 10.828,00 m².
– Uso sanitario-asistencia (SAX) cunha superficie de 4.500,00 m².
Segundo. Dar traslado do acordo que se adopte aos departamentos municipais de Urbanismo e Secretaría co gallo de incorporar este cambio de uso aos instrumentos de ordenación que proceda cando se redacten modificacións ou revisións do planeamento vixente.
Terceiro. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, así como comunicalo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para os efectos da súa inclusión no Rexistro de Planeamento de Galicia.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
Outes, 11 de febreiro de 2026
Francisco Calo Abelleira
Alcalde
