Na sesión que tivo lugar o día 17 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio); (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e a Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro); (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 17 de decembro de 2024 (DOG núm. 244, do 19 de decembro), modificada polas resolucións do 2 de abril de 2025 (DOG núm 71, do 11 de abril) e do 7 de xullo de 2025 (DOG núm 138, de 21 de xullo), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
O 25 de febreiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña cinco novas persoas aspirantes, xa que as persoas aspirantes propostas cos números de orde 15 Luis Enrique Ramos Ramos (***3462**), 34 José Manuel Quinteiro Vicente (***4202**), 35 Rosa María Broullón Hermida (***0361**), 53 Raquel Vázquez Iglesias (***0131**) e 58 José Martínez Castiñeiras (***8803**) non presentaron a documentación requirida, polo que decaeron nos seus dereitos respecto deste proceso selectivo.
A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».
Por outra banda, como consecuencia da estimación do recurso de alzada interposto por María Teresa Cerdeira Valiñas (***8603**), prodúcese a variación da puntuación obtida no baremo definitivo desta aspirante, polo que procede a súa modificación.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a baremación definitiva e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, eliminando as persoas aspirantes decaídas, reenumerando a orde de prelación a partir do posto número 15 e incorporando cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Esta relación farase pública como anexo I, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: A2 (concurso).
Corpo/categoría: corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (2051).
Prazas acceso libre: 67.
Prazas acceso base I.1.1: 5.
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
64 |
***8603** |
Cerdeira Valiñas, María Teresa |
Libre |
71,540 |
|
65 |
***9329** |
Fontenla Redondo, María Dolores |
Libre |
71,500 |
|
66 |
***6462** |
De la Peña Rodríguez, María de la Paz |
Libre |
71,400 |
|
67 |
***2355** |
Fernández Fernández, María Carmen |
Libre |
71,000 |
|
68 |
***1035** |
Piñón Rubido, María del Mar |
Libre |
70,800 |
