DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba.

Procedemento: modificación do Plan de vixilancia ambiental.

Titular: Explotaciones porcinas As Cabanas, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2008/0049_NAA/IPPC_232.

Localización: Paraxe do Río, concello de Sarreaus (Ourense).

Instalación: planta de produción de pezas por estampaxe metálica e conxuntos metálicos por ensamblaxe, soldadura e pintado por electrodeposición.

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

Titular: Gestamp Vigo, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2013-IPPC-8-263.

Localización: O Porriño (Pontevedra).

Expediente de modificación: 2025-IPPC-M-51.

Instalación: explotación avícola de galiñas poñedoras.

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada.

Titular: Granja Amistad de Orense, C.B.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0049_NAA/IPPC_133.

Situación: concello de Taboadela (Ourense).

Instalación: planta de almacenamento e de tratamento de residuos.

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

Titular: Ingaroil, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2006/0142_NAA/IPPC_090.

Localización: concello das Somozas (A Coruña).

Expediente: 2025-IPPC-M-45.

Estas resolucións poderán consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-
expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade