DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19418

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición, para o ingreso nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 15 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023) realizáronse as convocatorias, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.

Así mesmo, nas resolucións desta dirección xeral do 15 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), 28 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 9 de xuño) e 28 de novembro (Diario Oficial de Galicia núm. 237, do 9 de decembro) publicáronse os nomeamentos e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas referidas categorías, convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2022.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulten da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizados os procesos de elección de destino nas devanditas categorías en que resultaron prazas vacantes, logo da resolución de nomeamento do 28 de novembro de 2025, e ao abeiro das resolucións do 15 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso-oposición, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais ás novas persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles ás persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no anexo indicado.

Terceiro. Declarar finalizados os procesos de concurso-oposición para o ingreso nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, convocados polas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 15 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 das resolucións de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.

Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, a aspirante seleccionada deberá realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de persoas adxudicatarias e destinos

Grupo auxiliar da función administrativa

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***8652**

Freire Eiras, María del Pilar

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***2110**

García Quintas, Marta

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***3202**

Gayoso Cabarcos, María Isabel

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

***1014**

González Carral, María Teresa

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

***1477**

González Miguélez, María Jesús

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***5604**

López López, Vanesa

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***9424**

Pereira Acuña, María Cristina

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.-Vigo

Vigo

-

***6984**

Rodríguez Carballo, Sonia

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

Persoal de servizos xerais

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***1861**

Bernárdez Freire, Marta

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

O Milladoiro

Ames

Desprazable

***3722**

Lage Vázquez, Ana Belén

A.S. da Coruña e Cee

Arteixo

Arteixo

Mañá

***0921**

López Sánchez Puga, Mónica

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.-Vigo

Vigo

-

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.