Mediante a Resolución desta dirección xeral do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de celador/a.
Así mesmo, nas resolucións desta dirección xeral do 27 de maio e do 28 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 9 de xuño, e o núm. 237, do 9 de decembro, respectivamente) publicáronse os nomeamentos e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.
A base 10.4 da resolución de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulten da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Realizado o proceso de elección de destino na devandita categoría en que resultou unha praza vacante, logo da resolución de nomeamento do 28 de novembro de 2025, e ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso
RESOLVE:
Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas no proceso extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 da resolución de convocatoria, realizouse a oferta da praza que resultou vacante na categoría á nova persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Segundo. A base décima da convocatoria establece que no suposto de aspirantes que non poidan acreditar a capacidade funcional por encontrarse en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual (na categoría a que opta), incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez en virtude dunha resolución que prevé a revisión por melloría, ou que ten sido recorrida, o/a aspirante poderá achegar a documentación que acredite a recuperación da capacidade funcional ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión ou se dite a correspondente resolución, continuando a súa participación no proceso desde ese momento, logo da acreditación da recuperación da capacidade funcional.
Tendo en conta a existencia neste proceso dunha persoa aspirante que se encontra nesta situación, difírese a súa elección de destino e a continuación no proceso ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión, dada a previsión de recuperación da capacidade funcional.
Terceiro. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría celador/a a persoa aspirante que se inclúe no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino segundo o previsto na base novena da convocatoria do proceso selectivo.
Adxudicarlle á persoa aspirante, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no anexo indicado.
Cuarto. Declarar finalizado o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 26 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na súa base 10.4 para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.
Quinto. A persoa aspirante nomeada disporá do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación á praza adxudicada comportará o cesamento da persoa temporal que, se é o caso, a ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.
Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, a aspirante seleccionada deberá realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Relación de adxudicataria e destino
|
Celador/a |
|||||
|
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
|
***6052** |
Gómez Gómez, Clara |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
A Coruña |
- |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
