DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2024/068-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o día 19.11.2025 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Modificado I do proxecto para LMTS, CTC, RBT en Vilar de Astrés.

Situación: lugar de Astrés, concello de Ourense.

Orzamento: 170.645,98 €.

Características técnicas:

• Desmonte do tramo da LMTS entre o apoio núm. 50-3 da LMTA SAC806 e o CT Vilar Dastres 160 kVA 32CGB2, que tamén se desmonta.

• LMTS, a 20 kV, de 746 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, con orixe no paso A/S a realizar no apoio núm. 50-3 citado e final no novo CTC proxectado. Instalación dun reconectador TC no citado apoio de entronque.

• Novo CTC, soterrado, de tipo compacto, en envolvente prefabricada, con ventilación horizontal, dunha potencia de 250 kVA e r/t 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 19 de febreiro de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense