Anúncianse as bases e a convocatoria do proceso para a provisión definitiva, baixo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e mediante o procedemento de concurso-oposición, dun posto de traballo do cadro de persoal da Fundación Pública Galicia Europa, que se describe na seguinte táboa:
|
Posto/categoría |
Grupo |
Titulación requirida |
Nº de prazas |
Localización do posto |
|
Asesor/a técnico/a II (604PND05) |
I |
Título universitario oficial de licenciado o graduado universitario. B2 inglés |
1 |
Oficina FGE Bruxelas |
As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:
https://fundaciongaliciaeuropa.eu/fundacion/transparencia/
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
Jesús María Gamallo Aller
Director da Fundación Pública Galicia Europa
