DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da segunda convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar de administración xeral incluída na OEP 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 34, do 20 de febreiro de 2026, foi publicado o anuncio da resolución pola que se convoca novamente a provisión en propiedade da praza vacante deste concello coas seguintes características:

– 1 (unha) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de administración xeral, auxiliar, grupo C, subgrupo C2 de clasificación, denominada: auxiliar administrativo.

Sistema selectivo: oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade.

As bases específicas que van rexer a convocatoria foron publicadas integramente no BOP núm. 185, do 29 de setembro de 2025, e as bases xerais no BOP núm. 104, do 30 de maio de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 23 de febreiro de 2026

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde