DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 24 de marzo de 2026 Páx. 19489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da desistencia de inclusión de varias prazas na oferta de emprego público de 2022 que artellaba o proceso de estabilización.

Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 2306/2024, do 19 de decembro (BOP núm. 248, do 26 de decembro), resolveuse, entre outras cuestións:

3º. Desistir da inclusión da praza de animador de tempo libre (grupo IV de persoal laboral) na oferta de emprego público que artella o proceso de estabilización previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (DOG núm. 103, do 31 de maio de 2022), que corresponde ao posto coa mesma denominación, código 060007 da RPT, dado que a dita praza vai cubrirse definitivamente consonte o disposto nesta resolución en execución da sentenza e das resolucións relacionadas ditadas polo TSXG no PO 862/2010 que a afectan.

E mediante o Decreto da Alcaldía núm. 225/2026, do 13 de febreiro, resolveuse, entre outras cuestións:

1º. Desistir da inclusión na oferta de emprego público do Concello de Sada, que artellaba o proceso de estabilización previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, das seguintes prazas vacantes que foron obxecto de cobertura por aprobados de boa fe en execución da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 862/10:

Persoal funcionario

Denominación

Grupo/subgrupo Clasificación

Escala

Subescala

Clase

Nº de prazas

Director/a da Casa da Cultura

A/A2

Admón. especial

Técnica

Técnicos medios

1

Enxeñeiro/a técnico/a agrónomo/a

A/A2

Admón. especial

Técnica

Técnicos medios

1

Axente de desenvolvemento local-técnico/a local de emprego

A/A2

Admón. especial

Técnica

Técnicos medios

1

Auxiliar de biblioteca

C/C2

Admón. especial

Técnica

Técnicos auxiliares

1

2º. En consecuencia, desistir do desenvolvemento dos procesos selectivos convocados para as prazas referidas (BOP núm. 247, do 30 de decembro de 2022, e BOE núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) e iniciar expediente para a devolución das taxas polo dereitos de exame aboadas polas persoas que presentaron a instancia de participación nos procesos selectivos convocados para as prazas ofertadas. As persoas interesadas que aboasen no seu momento a taxa establecida deberán achegar a certificación da conta bancaria onde manifesten que queren recibir a devolución, se así procede.

O que se publica para coñecemento xeral.

Sada, 19 de febreiro de 2026

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde