Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación adoptounos o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 10 de marzo de 2026
O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 3.3.2026)
Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto obxecto de notificación |
|
DES. 1/25 |
34894728W |
Resolución |
|
DES. 2/25 |
44808075G |
Resolución |
|
DES. 9/25 |
53302115Y |
Resolución |
