De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo da interesada sen que estas se puidesen realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo e emprázase para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se dará por notificada.
Contra a resolución, que se notifica neste acto, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 3 de marzo de 2026
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: aloxamento Santa María.
Titular: María Josefa Iglesias Agra.
Enderezo: Pesqueiras, 1, 1.
Concello: 15220 Ames.
