DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19572

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 13 de marzo de 2026 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais (DOG do 13 de novembro), as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 de dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou o nomeamento dun membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Dolores Bello Nine, en substitución de José Manuel Maceira Blanco.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración