DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19571

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se concede a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo e se procede ao nomeamento dos seus membros.

Tras ser advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 46, do 10 de marzo de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre realizar a seguinte modificación:

No anexo, na páxina 17177, onde di:

«9. Ricardo García Rodríguez. Licenciado en Dereito».

Debe dicir:

«9. Ricardo García Martínez. Licenciado en Dereito».